A revista EDUCACIÓN 3.0 convocou un certame no que premia aos 10 mellores TRABALLOS POR PROYECTOS enviados. Dende o colexio enviouse o Proxecto "A chispa que move o mundo", de 6º de Primaria, resultando un dos premiados. Toda a información pódese ver neste enlace: PREMIOS TRABALLO POR PROXECTOS 2.013
Desde a casa de acollida de Paco, onde se está a recuperar das feridas envíannos os seus "partes médicos":
Mércores 29 de maio ás 18:00: "Paco continúa en franca melloría. Come moi ben e a súa ala está mellor. Hoxe xa pasou á sá de rehabilitación, onde pode trepar a distintas alturas. Se a súa melloría continúa pronto volverá ao colexio para ser posto en liberdade". P.D./ "Paco envíanos un PÍO PÍO"
Martes 28 de maio ás 17:00: "Paco está moito mellor. Come moi ben e sóbese a un altiño, dá saltiños; por este motivo saiu da UCI e está en planta, nunha habitación máis grande."
¿Quen é PACO? PACO é un anduriñón (vencejo en castelán) que os alumnos de 6ºB e o mestre de Coñecemento rescatamos do claustro do colexio cunha ala mancada, polo que non pode voar. Como é imposible que lle poidamos dar os coidados necesarios no colexio levámolo á casa dunha experta en coidados de animais con problemas para que o recupere ata que poida retomar o vo. Aquí tedes algunha imaxe de Paco e incluso unha da súa coidadora dándolle de comer (síntoo pero non teñen moita nitidez).