martes, 24 de diciembre de 2013

FELIZ NAVIDAD

Que todos teñades unha Noiteboa boa boa. 

BÓ NADAL!!!!! e moi venturoso ANINOVO


PRACTICAR O CÁLCULO RÁPIDO

Web para poder practicar o cálculo, con moitos niveis de dificultade.



miércoles, 11 de diciembre de 2013

FECHA CURIOSA

11 - 12 - 13

HOXE É A ÚLTIMA DATA CONSECUTIVA QUE PODEREMOS VIVIR A GRAN MAIORÍA DE NÓS, XA QUE NON SE PRODUCIRÁ OUTRA ATA O PRÓXIMO SÉCULO, CONCRETAMENTE O 01-02-03 (1 de febreiro de 2103).




martes, 10 de diciembre de 2013

A MAXIA DOS NÚMEROS PRIMOS

Serie de actividades para traballar os números primos e compostos, así como os múltiplos e divisores.



domingo, 1 de diciembre de 2013

ACTIVIDADES SOBRE SÍLABA TÓNICA PARA ACI DE 6ºA

Aquí os dejo un enlace con muchas actividades para practicar la división de las palabras en sílabas y su clasificación.

Tarea:
       1º: Entrar en la página PINCHANDO AQUÍ
       2º: Entramos en el apartado "Las palabras agudas, llanas, esdrújulas,..." y copiar en el cuaderno los apuntes que ahí aparecen
       3º: Entrar el el apartado "Pequeño taller" y realizar las actividades que ahí se proponen



jueves, 28 de noviembre de 2013

MATEMÁTICAS 3º CICLO

Web para practicar contidos traballados en 5º e 6º.

       ENLACE PARA "EL TANQUE DE MATEMÁTICAS"


sábado, 23 de noviembre de 2013

POR QUE SE CONTAXIA A RISA?

sábado, 9 de noviembre de 2013

VÍDEO NÚMEROS ENTEROS

Por si quereis volver a ver el vídeo de la clase de matemáticas protagonizado por TRONCHO Y PONCHO.


jueves, 7 de noviembre de 2013

MÁIS RECURSOS MATEMÁTICOS

Algunhas páxinas para poder practicar as actividades que estamos traballando en clase de matemáticas.
Pincha en cada imaxe para poder acceder.








miércoles, 6 de noviembre de 2013

PROBLEMAS DE MATEMÁTICAS

Aquí vos deixo outra páxina para poder practicar problemas de matemáticas. Custa un pouco coller o "tranquillo" ao principio pero é moi interesante e útil.




martes, 29 de octubre de 2013

PRACTICAMOS A DIVISIÓN

Nesta páxina podes repasar e practicar a división como as facemos no caderno.

       PREME AQUÍ PARA EMPEZAR



viernes, 25 de octubre de 2013

PRACTICAMOS POTENCIAS (CADRADOS E CUBOS) E RAÍCES CADRADAS

Neste enlace encontraredes varios exercicios moi útiles para practicas potencias e raíces. Moi recomendable a actividade chamada "Afianzamos lo aprendido con estos enlaces."

PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER -->



ACTIVIDADES SOBRE SÍLABAS PARA ACI 6ºA

ACTIVIDADE 1

ACTIVIDADE 2

ACTIVIDADE 3

XOGO FINAL

martes, 22 de octubre de 2013

PRACTICAMOS A TÁBOA DE MULTIPLICAR

Empezamos un novo curso e, para empezar ben, imos repasar algo que xa temos que dominar, pero...

PINCHA AQUÍ PARA PRACTICAR A TÁBOA DE MULTIPLICAR


martes, 9 de julio de 2013

martes, 2 de julio de 2013

MENTES CURIOSAS

O gran comunicador E. Punset explícanos brevemente diversos temas atendendo a preguntas de nenos. Neste primeiro vídeo ¿Por que ronronean os gatos?

lunes, 17 de junio de 2013

miércoles, 29 de mayo de 2013

PREMIOS TRABALLO POR PROXECTOS 2.013

A revista EDUCACIÓN 3.0 convocou un certame no que premia aos 10 mellores TRABALLOS POR PROYECTOS enviados.

Dende o colexio enviouse o Proxecto "A chispa que move o mundo", de 6º de Primaria, resultando un dos premiados.

Toda a información pódese ver neste enlace:

PREMIOS TRABALLO POR PROXECTOS 2.013

PACO ("partes médicos")

"PARTES MÉDICOS DE PACO"

Desde a casa de acollida de Paco, onde se está a recuperar das feridas envíannos os seus "partes médicos":

Mércores 29 de maio ás 18:00:
"Paco continúa en franca melloría. Come moi ben e a súa ala está mellor. Hoxe xa pasou á sá de rehabilitación, onde pode trepar a distintas alturas. Se a súa melloría continúa pronto volverá ao colexio para ser posto en liberdade".
P.D./ "Paco envíanos un PÍO PÍO"

Martes 28 de maio ás 17:00:
"Paco está moito mellor. Come moi ben e sóbese a un altiño, dá saltiños; por este motivo saiu da UCI e está en planta, nunha habitación máis grande."


lunes, 27 de mayo de 2013

PACO

¿Quen é PACO?

PACO é un anduriñón (vencejo en castelán) que os alumnos de 6ºB e o mestre de Coñecemento rescatamos do claustro do colexio cunha ala mancada, polo que non pode voar.
Como é imposible que lle poidamos dar os coidados necesarios no colexio levámolo á casa dunha experta en coidados de animais con problemas para que o recupere ata que poida retomar o vo.
Aquí tedes algunha imaxe de Paco e incluso unha da súa coidadora dándolle de comer (síntoo pero non teñen moita nitidez).


"WELCOME TO EUROPE" 2

Unha das actividades que está a ser máis atractiva á vez que interesante é a realización dun mapa/puzzle de Europa con países e capitais.




"WELCOME TO EUROPA"

Estamos realizando un novo proxecto: "Welcome to Europa", nel imos coñecer máis a fondo o noso continente.

martes, 14 de mayo de 2013

TEXTOS E. FÍSICA

Textos para facer os mapas mentais de E. Física

3ºEP:  FÚTBOL

4ºEP:  BALONMANO

5ºEP:  BALONCESTO

lunes, 13 de mayo de 2013

TORNEO "EUROPA FÍSICA"

Enlaces para facer o torneo sobre "Europa Física"

     ENLACE 1

     ENLACE 2

lunes, 6 de mayo de 2013

"WELCOME TO EUROPE" 2

TÁBOA DE CLIMAS

Táboa para recopilar información sobre os climas de Europa.


miércoles, 24 de abril de 2013

"WELCOME TO EUROPE"

Para empezar un novo Proxecto de Comprensión sobre o noso continente aquí vos deixo os primeiros mapas e enlaces para empezar a traballar:


-          Relevo

-          Ríos

-         Clima


 

 

domingo, 3 de marzo de 2013

A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO 6

Como actividades xa de resumo do proxecto fixemos un mapa mental sobre a enerxía.







miércoles, 27 de febrero de 2013

A CHISPA QUE MOVE O MUNDO 5

Continuando co proxecto de comprensión sobre a enerxía realizamos dúas actividades máis.
A 1ª consistiu nun debate organizado nas clases onde cada grupo defendeu unha forma de obter enerxía eléctrica. Independentemente das súa opinións persoais víronse obrigados a defender con argumentos a forma que lles tocou, buscando para elo información sobre os beneficios da súa postura e as desvantaxes das que defendían outros.
A 2ª foi a elaboración dun rap sobre o tema tratado no proxecto, unindo as aportacións de toda a clase, a verdade é que quedou algo bastante "presentable" e supuxo un esforzo para todos o saír diante dos compañeiros a "rapear" con estilo. Aquí tedes unha pequena mostra dos grupos "rapeadores" de 6ºB.

27 de febrero de 2013

domingo, 24 de febrero de 2013

A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO 4

Dentro do proxecto que estamos a facer en Coñecemento do Medio realizamos un traballo cooperativo sobre "A calor e a materia", que tivo como producto final unha presentación por cada grupo.


jueves, 21 de febrero de 2013

VÍDEOS DILATACIÓN E CAMBIOS DE ESTADO

Aquí vos deixo 3 vídeos sobre o tema que estamos a traballar en clase:

1. Dilatación de sólidos


2. Dilatación de líquidos


3. Cambios de estado

jueves, 7 de febrero de 2013

A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO 3

PROXECTO DE COMPRENSIÓN: A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO

Para traballar as propiedades da materia TRANSFERENCIA, TRANSPORTE, TRANSFORMACIÓN E ALMACENAMENTO realizamos unha actividade centrada nas intelixencias Interpersoal e Cinestésica. Fixemos unha actuación de mimo por grupos, cada grupo representaba as 4 propiedades e o resto de alumnado, como público (por suposto no salón de actos), debía identificar a propiedade e explicar o porqué desa identificación.
Incluso os "mimos" tiveron a ocasión de utilizar pintura de cara branca e vermella para meterse máis no papel.

A verdade é que o pasamos ben; e sobre todo quedou moi clara a idea de que a enerxía ten 4 propiedades e o efecto de cada unha delas.



miércoles, 6 de febrero de 2013

A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO 2

PROXECTO DE COMPRENSIÓN: A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO

Continuando co proxecto realizamos unha Rutina de Pensamento: "I see, i think and i wonder" tendo como tema o vídeo sobre a enerxía que aparece na entrada anterior. O resultado foron un montón de boas ideas e moitos interrogantes sobre diferentes aspectos da enerxía, que terán resposta ao longo deste traballo.

   
<--6ºB       6ºA-->

martes, 5 de febrero de 2013

A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO

PROXECTO DE COMPRENSIÓN:  A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO

Coa Unidade 5 de Coñecemento do Medio de 6º imos realizar un Proxecto de Comprensión para traballar o tema da Enerxía (tipos, propiedades, problemas...).
Realizaremos actividades de todo tipo, que abarquen todas as Intelixencias Múltiples e coas que comprenderemos moitos máis aspectos sobre as diversas fontes de enerxía dos que ata agora coñecemos.
Esta entrada no blog da clase vai ser un Portfolio deste Proxecto, no que irá aparecendo todo aquelo significativo que iremos traballando.

EMPEZAMOS!!!!!!

                 ALBERT EINSTEIN
Para empezar visítanos Albert Einstein, un dos físicos máis importantes da historia e que ten moito que dicir sobre a Enerxía.



 



  A continuación vemos un vídeo (¡en portugués!) sobre Fontes de Enerxía e efectos sobre o Planeta. Despois de velo empezamos unha Rutina de Pensamento chamada "I see, i think and i wonder".


sábado, 19 de enero de 2013

PEQUENOS CIENTÍFICOS

Aquí vos deixo dúas experiencias que os alumnos de 6º de Primaria realizaron esta semana dentro do tema do Magnetismo e a electricidade. Trátase dun electroimán e dun compás.


ciencificos 2 from javier.escolapios on Vimeo.