PROXECTO DE COMPRENSIÓN: A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO
Para traballar as propiedades da materia TRANSFERENCIA, TRANSPORTE, TRANSFORMACIÓN E ALMACENAMENTO realizamos unha actividade centrada nas intelixencias Interpersoal e Cinestésica. Fixemos unha actuación de mimo por grupos, cada grupo representaba as 4 propiedades e o resto de alumnado, como público (por suposto no salón de actos), debía identificar a propiedade e explicar o porqué desa identificación.
Incluso os "mimos" tiveron a ocasión de utilizar pintura de cara branca e vermella para meterse máis no papel.
A verdade é que o pasamos ben; e sobre todo quedou moi clara a idea de que a enerxía ten 4 propiedades e o efecto de cada unha delas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario