miércoles, 27 de febrero de 2013

A CHISPA QUE MOVE O MUNDO 5

Continuando co proxecto de comprensión sobre a enerxía realizamos dúas actividades máis.
A 1ª consistiu nun debate organizado nas clases onde cada grupo defendeu unha forma de obter enerxía eléctrica. Independentemente das súa opinións persoais víronse obrigados a defender con argumentos a forma que lles tocou, buscando para elo información sobre os beneficios da súa postura e as desvantaxes das que defendían outros.
A 2ª foi a elaboración dun rap sobre o tema tratado no proxecto, unindo as aportacións de toda a clase, a verdade é que quedou algo bastante "presentable" e supuxo un esforzo para todos o saír diante dos compañeiros a "rapear" con estilo. Aquí tedes unha pequena mostra dos grupos "rapeadores" de 6ºB.

27 de febrero de 2013

domingo, 24 de febrero de 2013

A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO 4

Dentro do proxecto que estamos a facer en Coñecemento do Medio realizamos un traballo cooperativo sobre "A calor e a materia", que tivo como producto final unha presentación por cada grupo.


jueves, 21 de febrero de 2013

VÍDEOS DILATACIÓN E CAMBIOS DE ESTADO

Aquí vos deixo 3 vídeos sobre o tema que estamos a traballar en clase:

1. Dilatación de sólidos


2. Dilatación de líquidos


3. Cambios de estado

jueves, 7 de febrero de 2013

A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO 3

PROXECTO DE COMPRENSIÓN: A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO

Para traballar as propiedades da materia TRANSFERENCIA, TRANSPORTE, TRANSFORMACIÓN E ALMACENAMENTO realizamos unha actividade centrada nas intelixencias Interpersoal e Cinestésica. Fixemos unha actuación de mimo por grupos, cada grupo representaba as 4 propiedades e o resto de alumnado, como público (por suposto no salón de actos), debía identificar a propiedade e explicar o porqué desa identificación.
Incluso os "mimos" tiveron a ocasión de utilizar pintura de cara branca e vermella para meterse máis no papel.

A verdade é que o pasamos ben; e sobre todo quedou moi clara a idea de que a enerxía ten 4 propiedades e o efecto de cada unha delas.



miércoles, 6 de febrero de 2013

A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO 2

PROXECTO DE COMPRENSIÓN: A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO

Continuando co proxecto realizamos unha Rutina de Pensamento: "I see, i think and i wonder" tendo como tema o vídeo sobre a enerxía que aparece na entrada anterior. O resultado foron un montón de boas ideas e moitos interrogantes sobre diferentes aspectos da enerxía, que terán resposta ao longo deste traballo.

   
<--6ºB       6ºA-->

martes, 5 de febrero de 2013

A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO

PROXECTO DE COMPRENSIÓN:  A "CHISPA" QUE MOVE O MUNDO

Coa Unidade 5 de Coñecemento do Medio de 6º imos realizar un Proxecto de Comprensión para traballar o tema da Enerxía (tipos, propiedades, problemas...).
Realizaremos actividades de todo tipo, que abarquen todas as Intelixencias Múltiples e coas que comprenderemos moitos máis aspectos sobre as diversas fontes de enerxía dos que ata agora coñecemos.
Esta entrada no blog da clase vai ser un Portfolio deste Proxecto, no que irá aparecendo todo aquelo significativo que iremos traballando.

EMPEZAMOS!!!!!!

                 ALBERT EINSTEIN
Para empezar visítanos Albert Einstein, un dos físicos máis importantes da historia e que ten moito que dicir sobre a Enerxía.



 



  A continuación vemos un vídeo (¡en portugués!) sobre Fontes de Enerxía e efectos sobre o Planeta. Despois de velo empezamos unha Rutina de Pensamento chamada "I see, i think and i wonder".