miércoles, 27 de febrero de 2013

A CHISPA QUE MOVE O MUNDO 5

Continuando co proxecto de comprensión sobre a enerxía realizamos dúas actividades máis.
A 1ª consistiu nun debate organizado nas clases onde cada grupo defendeu unha forma de obter enerxía eléctrica. Independentemente das súa opinións persoais víronse obrigados a defender con argumentos a forma que lles tocou, buscando para elo información sobre os beneficios da súa postura e as desvantaxes das que defendían outros.
A 2ª foi a elaboración dun rap sobre o tema tratado no proxecto, unindo as aportacións de toda a clase, a verdade é que quedou algo bastante "presentable" e supuxo un esforzo para todos o saír diante dos compañeiros a "rapear" con estilo. Aquí tedes unha pequena mostra dos grupos "rapeadores" de 6ºB.

27 de febrero de 2013

No hay comentarios: