miércoles, 29 de mayo de 2013

PREMIOS TRABALLO POR PROXECTOS 2.013

A revista EDUCACIÓN 3.0 convocou un certame no que premia aos 10 mellores TRABALLOS POR PROYECTOS enviados.

Dende o colexio enviouse o Proxecto "A chispa que move o mundo", de 6º de Primaria, resultando un dos premiados.

Toda a información pódese ver neste enlace:

PREMIOS TRABALLO POR PROXECTOS 2.013

PACO ("partes médicos")

"PARTES MÉDICOS DE PACO"

Desde a casa de acollida de Paco, onde se está a recuperar das feridas envíannos os seus "partes médicos":

Mércores 29 de maio ás 18:00:
"Paco continúa en franca melloría. Come moi ben e a súa ala está mellor. Hoxe xa pasou á sá de rehabilitación, onde pode trepar a distintas alturas. Se a súa melloría continúa pronto volverá ao colexio para ser posto en liberdade".
P.D./ "Paco envíanos un PÍO PÍO"

Martes 28 de maio ás 17:00:
"Paco está moito mellor. Come moi ben e sóbese a un altiño, dá saltiños; por este motivo saiu da UCI e está en planta, nunha habitación máis grande."


lunes, 27 de mayo de 2013

PACO

¿Quen é PACO?

PACO é un anduriñón (vencejo en castelán) que os alumnos de 6ºB e o mestre de Coñecemento rescatamos do claustro do colexio cunha ala mancada, polo que non pode voar.
Como é imposible que lle poidamos dar os coidados necesarios no colexio levámolo á casa dunha experta en coidados de animais con problemas para que o recupere ata que poida retomar o vo.
Aquí tedes algunha imaxe de Paco e incluso unha da súa coidadora dándolle de comer (síntoo pero non teñen moita nitidez).


"WELCOME TO EUROPE" 2

Unha das actividades que está a ser máis atractiva á vez que interesante é a realización dun mapa/puzzle de Europa con países e capitais.




"WELCOME TO EUROPA"

Estamos realizando un novo proxecto: "Welcome to Europa", nel imos coñecer máis a fondo o noso continente.

martes, 14 de mayo de 2013

TEXTOS E. FÍSICA

Textos para facer os mapas mentais de E. Física

3ºEP:  FÚTBOL

4ºEP:  BALONMANO

5ºEP:  BALONCESTO

lunes, 13 de mayo de 2013

TORNEO "EUROPA FÍSICA"

Enlaces para facer o torneo sobre "Europa Física"

     ENLACE 1

     ENLACE 2

lunes, 6 de mayo de 2013

"WELCOME TO EUROPE" 2

TÁBOA DE CLIMAS

Táboa para recopilar información sobre os climas de Europa.