miércoles, 29 de mayo de 2013

PACO ("partes médicos")

"PARTES MÉDICOS DE PACO"

Desde a casa de acollida de Paco, onde se está a recuperar das feridas envíannos os seus "partes médicos":

Mércores 29 de maio ás 18:00:
"Paco continúa en franca melloría. Come moi ben e a súa ala está mellor. Hoxe xa pasou á sá de rehabilitación, onde pode trepar a distintas alturas. Se a súa melloría continúa pronto volverá ao colexio para ser posto en liberdade".
P.D./ "Paco envíanos un PÍO PÍO"

Martes 28 de maio ás 17:00:
"Paco está moito mellor. Come moi ben e sóbese a un altiño, dá saltiños; por este motivo saiu da UCI e está en planta, nunha habitación máis grande."


No hay comentarios: